martes, abril 30, 2024
InicioComarcasParadanta"O mérito do Balonmán Cañiza é maior, sodes unha referencia para ás...

«O mérito do Balonmán Cañiza é maior, sodes unha referencia para ás nenas»

A presidenta de Deputación, Carmela Silva, recibiu este mércores as campioas do Balonmán Cañiza logo de ascender á categoría Prata.

Xuntas, fortes e sen límites. A Deputación de Pontevedra rendeu este mércores unha homenaxe as campioas do Balonmán Cañiza, que veñen de conquistar por segundo ano o campionato galego en Primeira Autonómica e de ascender á División de Honra de Prata Feminina. A presidenta, Carmela Silva, recibiu ás xogadoras na sede de Vigo co lema «son de prata, elas non teñen límite».

Neste senso, Silva quixo inicidir en que “nun pobo pequeno o voso mérito é maior, e xa sodes unha referencia para as nenas”. Unha referencia que vai máis alá do ámbito municipal da Cañiza, que se extende para todas as galegas, segundo aseverou a presidenta. Amáis salientou tamén «o sentimento de pertenza». 

A presidenta explicou tamén na homenaxe que na nova etapa na División de Honra de Prata Femenina as xogadoras do Balonmán Cañiza «levará tamén o nome do pobo por todo o territorio nacional». 

Para os informativos de Si Radio falaron as capitás, Carla Abad e Sofía Álvarez así como unha xogadora do equipo, Lucía Alfonso. Álvarez espera un bo posicionamento en Prata «para iso estamos traballando» e pide apoio ás institucións. Un nivel competitivo, o de Prata,  «que será moito máis complicado», segundo Abad. O número 18 do Balonmán Cañiza, Lucía Alfonso, asegura que «sentímonos moi apoiadas pola presidenta, é unha referente na defensa da muller».

Amáis, estivo presente na recepción o presidente do Club, Rubén Fernández,  e di para os micrófonos de Si Radio que «é unha honra, para un club huimilde coma nós, que recoñezan o traballo das rapazas».

Pola súa banda, o rexedor da Cañiza, Luis Piña, que tamén estivo na recepción xunto co adestradror e demáis corpo técnico, recoñeceu que «eu que teño fama de ser un home moi tranquilo, neses tres días de competición emocioneime» e apelou ao «orgullo de alcalde» e asegurou o apoi ao club por parte do concello.

De feito, Piña aproveitou tamén para invitar á presidenta da deputación, Carmela Silva, a un partido do balonmán no Polvorín. Unha instalación que segundo dixo o rexedor «nos vindeiros días comezarán as obras de reforma da parte dereita dos vestiarios, cun investimento de 50.000 euros sufragados polo Plan Concellos».

 

 

 

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES