lunes, abril 29, 2024
InicioNewsActualidadeArbo, rende homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

Arbo, rende homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

O acto terá lugar o vindeiro domingo día 21 de abril no Auditorio do
Centro Multiusos

Entre os agasallados están o equipo de biberóns do Concello de Arbo,
As patinadoras Arbenses, o Veterano de Fútbol de Arbo, o Equipo de
futbol Sala Muebles 2000 F.S e Manu Castro

Tamén se fará entrega da máxima distinción que o Concello outorga aos
Irmans Puga e a A.C Barca de Loimil

O vindeiro domingo 21 de abril ás 18:00h, o Auditorio do Centro Multiusos
de Arbo, acollerá a Gala da LXIV Festa da Lamprea.

No citado acto farase entrega dos premios ao alumnado do CEIP Antonio
Carpintero gañadores/as do concurso de debuxo e redacción da LXIV Festa da
Lamprea, do Certame Brais Alonso e do Concurso de Carteis da LXIV Festa da
Lamprea.


Farase un repaso e recoñecemento aos deportistas arbenses que destacaron
no ano 2023 e 2024 entre os que se atopan: as patinadoras (María, Carmen,
Iría, Candela, Daniela, Eliana e Marta), o equipo de biberóns do Arbo C.F, ao
futbolista Manu Castro, ao Equipo de Veteranos de Fútbol de Arbo e ao Equipo
de Futbol Sala Muebles 2000 F.S

Nesta Gala tamén se outorgará o galardón de Arbense Distinguido, máxima
distinción que outorga o Concello de Arbo, e que neste 2024 recaiu nos Irmans
Puga Justo, Alfonso (da Capitana), Xesús (Pequerricho) e Xosé (Xosé da
Casanova) por ser continuadores da música dos Vellos Gaiteiros, ser unha
referencia musical da Vila de Arbo e formar parte da historia da Festa da Lamprea e a A.C Barca de Loimil fío de unión entre os vellos gaiteiros, os Irmáns Puga coas novas xeración de Gaiteiros.

Dentro do progama de actos está a actuación de Antonio Barros, con Cantigas
Populares Galegas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES