lunes, mayo 6, 2024
InicioNewsO PaísAs mariscadoras do Burgo piden axudas ao rematar o dragado da ría

As mariscadoras do Burgo piden axudas ao rematar o dragado da ría

A ría do Burgo está rexenerada desde este venres despois de tres anos de obras de dragaxe e os mariscadores que traballan nesta zona da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros alertan de posibles irregularidades, ademais de estaren preocupados pola falta de ingresos que terán agora. Rematan as axudas que viñan recibindo ata agora pero van tardar meses en poder volver faenar ao ter que agardar a que o marisco sementado teña a talla permitida para pode ser recollido.

Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica explican que as obras de rexeneración se estenderon desde finais de 2021 ata este 26 de abril de 2024 para dragaxe dos fondos, rexeneración dos bancos marisqueiros tras a limpeza e o redeseño dos paseos marítimos.

O colectivo de mariscadores, máis de 70, concentráronse ante a Delegación do Goberno en Galicia para reclamar máis fondos para compensar o seu cesamento de actividade, que termina coa obra.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES