miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsA RaiaMáis de 400 bailaríns compiten no Trofeo de Baile Deportivo de Tui-Valença

Máis de 400 bailaríns compiten no Trofeo de Baile Deportivo de Tui-Valença

A décima edición do Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença, que esta fin de semana se vai celebrar no pavillón deportivo municipal de Valença, terá récord de participación, con máis de 400 persoas competindo en cada xornada. O evento contará con cinco modalidades: bailes latinos, caribeños e estándar, danza coreográfica e solo dance.

O sábado serán 13 horas de competición dende ás 9 horas até as 22 horas, e nesta xornada se disputará o Campionato Galego de Bailes Latinos; mentres que o domingo celebrarase dende ás 9 horas ás 21 horas (horario español).

O X Trofeo de Baile deportivo da Eurocidade Tui-Valença contará con participantes de Galicia, Portugal e doutras comunidades españolas, destacando o centenar de bailaríns que chegarán dende Cantabria.

Esta competición federada está organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES