miércoles, mayo 15, 2024
InicioNewsActualidadeA “Escoba de Plata” é para… Mos!

A “Escoba de Plata” é para… Mos!

A localidade mosense recollerá en xuño o prestixioso galardón nacional que premia traballos que contribúen a aumentar a reciclaxe, a mellorar sustentabilidade e a limpeza urbana, a xestión de residuos, a diminución de emisións, e a sensibilización e comunicación ambientais; e ao que o Concello de Mos se presentou co proxecto CoidaMos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura
Méndez, informaron hoxe de que o Concello vén de recibir a boa nova de que é un dos gañadores do prestixioso premio nacional “Escoba de Plata”. A administración local mosense recollerá o galardón en Madrid na Feira Internacional TECMA, do 18 ao 20 de xuño.


A deste ano 2024 trátase da XIX edición do Concurso “Escobas de Plata” organizado por
ATEGRUS, Membro Nacional de ISWA, que promove esta nova convocatorioa do concurso nas categorías de Prata, Ouro e Platino.


O concurso está dirixido a Municipios, Deputacións, Mancomunidades, empresas prestatarias de servizos, enxeñerías, consultorías, fabricantes de bens de equipo, instalacións para a xestión de residuos e aseo urbano, universidades, centros tecnolóxicos e de formación, etc.


A competición é un intento de valorar aquelas actuacións realizadas para mellorar a nosa
contorna e apostar pola sustentabilidade, premiando os esforzos encamiñados a estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a nosa calidade de vida e protexer o medioambiente.


O Concello de Mos presentouse á categoría “Escoba de Plata”, na que resultou vencedor polo seu “proxecto de reorganización dos servizos de limpeza e recollida, potenciando a prevención na xeración de residuos, a reutilización e a reciclaxe. Afianzando un compromiso da veciñanza coa limpeza, construíndo un municipio sostible desde o punto de vista ambiental, económico e social”. Tal e como esta explicaban as representantes municipais Arévalo e Méndez Senlle.


Mos presentouse a concurso cun proxecto centrado en accións ambientais realizadas e que se están levando a cabo. A participación neste concurso e este novo galardón veñen a ampliar e dar continuidade ás iniciativas enmarcadas na novidosa e pioneira campaña medioambiental mosense CoidaMos.


ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES