martes, abril 30, 2024
InicioO PaísPontevedraRescatadas pola xanela 4 persoas dun incendio en Vilagarcía

Rescatadas pola xanela 4 persoas dun incendio en Vilagarcía

Catro persoas foron evacuadas a través da xanela dun incendio no edificio Procoarsa no municipio de Vilagarcía de Arousa.

Arredor das 12:00 horas este mércores cando varios particulares informaban dun cadro eléctrico ardendo e, en consecuencia, fume nas escaleiras do edificio situado na avenida de Cambados.

A central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, aos axentes da Policía Nacional e Local, ao Servizo de Emerxencias de Vilagarcía e aos efectivos de Protección Civil.

Os efectivos extinguiron o incendio e os servizos sanitarios atenderon no punto a 5 persoas, aínda que non foi necesario o traslado de ningunha delas.

A orixe do lume foi o cuarto de contadores e, en consecuencia, viuse afectado todo o edificio e algúns dos pisos por fumes e gases.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES