lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasO incendio de Crecente, case estabilizado

O incendio de Crecente, case estabilizado

O incendio forestal declarado na tarde de onte en Crecente permanece activo, pero «camiña cara a súa estabilización», tal e como indican desde a Consellería de Medio Rural. Segundo o último balance, o incendio supera xa as 50 hectáreas afectadas.


O lume iniciouse minutos antes das 20 horas do luns en tres puntos distintos da parroquia de Angudes, o que apunta a que puido ser intencionado.


Á primeira hora da mañá do martes continúa activo, aínda que Medio Rural sinala que a evolución é favorable e espera dalo por estabilizado (paso previo ao seu control).


Na zona traballaron até o momento un técnico, once axentes, 21 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous avións e dous helicópteros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES