martes, abril 30, 2024
InicioNewsA RaiaO alcalde de Tui: "O Ministerio ten encargado un estudo sobre a...

O alcalde de Tui: «O Ministerio ten encargado un estudo sobre a situación medioambiental do Miño»

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, adiantou que o Goberno de España ten encargado un estudo para coñecer as causas da gran caída de especies acuícolas (lamprea, angula, anguía ou salmón) no río Miño ao seu paso polos concellos galegos da «raia», de modo que, coñecidas as causas, se poidan tomar as medidas necesarias para solventar a situación.

Este paso dado polo Goberno central comunicoullo aos rexedores da raia o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, nun encontro proposto pola Comandancia Naval do río Miño, co comandante naval Andrés Díaz ao fronte.

Enrique Caballeiro falou nunha ENTREVISTA en SI Radio deste e doutros temas de actualidade para Tui. Podes escoitala completa a continuación:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES