lunes, abril 29, 2024
InicioNewsA RaiaEfectivos galegos únense á procura do pescador desaparecido en Caminha

Efectivos galegos únense á procura do pescador desaparecido en Caminha

Patrullas galegas sumáronse ao operativo de procura dun pescador afeccionado desaparecido o luns na localidade portuguesa de Caminha, na desembocadura do río Miño.

A Autoridade Marítima de Portugal mobilizou un operativo de case 20 persoas, incluídas as patrullas galegas na marxe española.

O pescador, de 70 anos, saíu a pescar o pasado luns 8 de abril entre a praia de Moledo e Capela de Santo Isidoro, en Caminha.

A alerta saltou ás 21.30 (hora local). A súa familia alertaba a Guardia Nacional Republicana (GNR) de que o septuaxenario saira pescar e non voltara. De contado avisouse a un comando local da Policía de Marítima para iniciar a busca.

Desde entón estableceuse o operativo de procura ao que se sumaron patrullas españolas desde o lado galego.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES