jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui recibirá 2 millóns para financiar accións de sustentabilidade turística

Tui recibirá 2 millóns para financiar accións de sustentabilidade turística

O Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición dun convenio de colaboración co Concello de Tui para a posta en marcha do Plan de sustentabilidade turística na cidade fronteiriza cun investimento de dous millóns de euros, que se desenvolverá desde este ano ata 2026.

O novo plan para Tui inclúe, entre outras accións, a recuperación de murallas en diferentes puntos de interese, mellora de diferentes prazas do núcleo histórico, rehabilitación da contorna fluvial vinculada ás murallas ou unha iluminación eficiente, entre outras.

Tamén se prevé o soterramento do cableado aéreo, a rehabilitación enerxética de edificacións ou locais, dixitalización de recursos patrimoniais, a creación dunha plataforma dixital de comercio local ou a mellora da web de turismo.

É a cuarta estratexia de sustentabilidade en destino autorizada en Consello da Xunta dentro do Plan territorial núcleos históricos e vilas termais, deseñado polo goberno autonómico con fondos europeos NextGeneration, que botou a andar este ano.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES