martes, abril 30, 2024
InicioNewsComarcasNace a primeria Asociación empresarial do sector turístico do Condado, A Paradanta...

Nace a primeria Asociación empresarial do sector turístico do Condado, A Paradanta e Salceda

Empresas do sector turístico do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas unen forzas e crean a primeira Asociación de Empresas e Profesionais do Turismo. Así o explican Bernardo e Manuel, dúas das persoas promotoras da entidade que a finais do ano 2023 se xuntaron para dar o primeiro paso e constituír unha comisión xestora. Agora, redactado o borrador dos estatutos e na procura dunha xunta directiva, convidan a todas as empresas enfocadas no sector Turismo a participar na reunión do vindeiro 22 de abril que se celebrará na casa do Conde de Salvaterra de Miño ás 10 da mañá.

Vinteseis persoas acompañadas do presidente da Federación Provincial de Turismo e Hostalería FEPROTUR, do presidente do Clúster de Turismo de Galicia e do xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga deron o primeiro paso para unirse e dar maior peso ás empresas que traballan no sector, contar cun espazo para coñecerse, optimizar os recursos turísticos que ofrece o territorio, aproveitar as sinerxias e afrontar novos retos.

Abertos a novas incorporacións e suxestións, a Asociación de Profesionais de Turismo convida a todas as empresas do sector a participar na reunión do día 22 e a achegar as súas aportacións tamén por correo electrónico ao enderezo asociacionempresasturisticas@gmail.com.

Neste encontro estudaranse e aprobaranse os estatutos e votaranse as candidaturas á xunta directiva que estarán abertas ata o mesmo intre da reunión. As persoas interesadas poderán presentar a súa candidatura a través do correo electrónico da asociación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES