viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoVerbena en tempos de COVID: así foi a proba piloto de Tomiño

Verbena en tempos de COVID: así foi a proba piloto de Tomiño

Tomiño foi unha das seis localidades galegas onde esta fin de semana se desenvolveu unha verbena piloto; unha proba coa que a Xunta quixo testar a seguridade sanitaria deste tipo de espectáculos musicais tan arraigados nos festexos galegos.

Un total de mil voluntarios desafiaron á chuvia e participaron nesta verbena, á que puxo ritmo e música a orquestra Ocaband no campo de fútbol do Alivio. Pola súa banda, velaron polo cumprimento das medidas de seguridade vinte voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Tomiño; a Policía Local ao completo e un par de patrullas da Garda Civil e Policía Autonómica.

Os participantes, separados en grupos burbulla (un máximo de catro persoas convivintes), mantiveron a distancia de seguridade e animáronse a botar uns bailes.

Ademais de Tomiño, tamén Marín, Noia, O Carballiño, Arteixo e Mondoñedo celebraron estas verbenas piloto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES