domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Mos inviste en maquinaria de pintado de sinalización horizontal...

O Concello de Mos inviste en maquinaria de pintado de sinalización horizontal en estradas

A máquina de sinalización viaria foi adquirida pola concellería de Obra Pública e leva xa unha semana traballando a pleno rendemento

A concellería de Obra Pública do Concello de Mos que dirixe o tamén tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, vén de adquirir maquinaria para o pintado de sinalización horizontal en camiños e estradas do municipio.


A máquina xa foi recepcionada pola administración local mosense e está estes días a traballar a pleno rendemento realizando servizos de conservación e mantemento da sinalización horizontal do termo municipal de Mos, co fin de aumentar a seguridade e comodidade da circulación, mediante a realización de sinais viais no pavimento asfáltico dos distintos camiños e estradas. Durante a última semana xa se interviu coa nova maquinaria en diversas localizacións, entre elas no Polígono Empresarial PEMOS Veigadaña e as súas inmediacións, o barrio do Piñeiro na contorna da Igrexa de Sanguiñeda e a Avenida de Sanguiñeda.


Para a súa adquisición o Concello de Mos investiu 4.107,95 euros de fondos propios.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES