sábado, mayo 4, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui ofrece trece rutas para coñecer o seu patrimonio natural

Tui ofrece trece rutas para coñecer o seu patrimonio natural

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

A primeira das actividades terá lugar este domingo, 28 de abril, ás 10 horas, dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial. Será a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves. A duración estimada é de 3 horas e media. Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES