domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Ponteareas presenta a VI edición da Feira dos Minerais...

O Concello de Ponteareas presenta a VI edición da Feira dos Minerais de Guláns

Unha novidade desta edición é a inclusión dunha ruta para coñecer o Castro da Croa

O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio

O Concello presentou a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns na que, este ano, inclúese unha ruta para poñer en valor o patrimonio do municipio cunha visita ao Castro da Croa. Esta actividade estará guaida polo xeólogo Óscar Pazos. No acto, participaron a alcaldesa, Nava Castro, o edil de Ensino, Ricardo González así como Alejandro Rodríguez e Florencio Porto, coordinador das xornadas e secretario da Asociación Cultural e Fundación Guláns, respectivamente.

Así, a Feira de Minerais de Guláns dará comezo o 3 de maio e desenvolverase ata o
domingo 5 de maio incluído. O programa inclúe actividades nos centros educativos
da vila onde o Grupo Micolóxico e Xeolóxico Galego e a Escola de Minas e Enerxía
da Universidade de Vigo impartirán diferentes obradoiros.

A ruta para coñecer o legado relacionado coas minas de ouro celébrase o sábado e terá unha duración aproximada de 3 horas. O xeólogo Óscar Pazos será o encargado de guiar esta actividade na que se dará a coñecer as características do terreo así como a importancia destas construcións. As persoas deberán anotarse na Biblioteca Municipal.

Paralelamente a estas actividades, durante toda a fin de semana estará aberta unha
feira comercial cun total de 10 expositores de Galicia e Portugal en horario de 10:00
a 21:00 horas.

O edil de Ensino, Ricardo González, apuntou que “este evento é algo máis que unha
exposición de minerais. Trátase dunha oportunidade única para compartir coñecementos e aprender outros novos da man de profesionais da materia. Un ano máis, comprobaremos a importancia dos minerais nos diferentes aspectos da nosa contorna”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indicou que “estou segura de que a sexta
edición de Minerais de Guláns será un gran éxito e deixará unha impresión duradeira nas persoas que nos visiten porque coñecer máis sobre os minerais e tamén saber máis sobre o mundo que nos rodea”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES