sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísPreocupa a variante Delta aínda que baixen os casos en Galicia

Preocupa a variante Delta aínda que baixen os casos en Galicia

Galicia ten 1.250 casos activos, unha cifra que non rexistraba desde o 15 de agosto de 2020. Con todo preocupa a variante Delta, a máis contaxiosa e que foi a que obrigou a Portugal a pechar a área de Lisboa.

O epidemiólogo Juan Gestal:

Galicia ten 1.250 casos activos, tras baixar en 20, con respecto ao día anterior e diagnosticarse unicamente 56 novos positivos nas últimas 24 horas.

A cifra é positiva porque confirma a tendencia descendente. Con todo, os epidemiólogos recoñecen estar preocupados pola posible expansión da variante Delta. Nas augas residuais da Coruña xa se confirmou a súa presenza en Galicia, aínda que o primeiro caso detectouse nun barco, en Vigo.

Portugal, para contela, optou por pechar a área de Lisboa.

Para conter a variante Delta, os epidemiólogos defenden axilizar a vacinación e protexer canto antes á poboación de máis de 60 anos coa pauta completa da vacina. Propoñen incluso adiantar esa segunda dose de Astrazeneca á semana 10, en lugar da 12 que correspondería polo prospecto, ou en lugar da 11 como prevé facer o Sergas.

O epidemiólogo galego Juan Gestal insiste na importancia de vacinar á poboación canto antes coa pauta completa para protexela contra esta nova variante máis contaxiosa.

A área sanitaria con máis casos activos é a da Coruña, que leva xornadas subindo e xa acumula 439 positivos:

A Coruña: 439 (+5)

Ferrol: 102 (+1)

Lugo: 151 (-3)

Ourense: 142 (=)

Pontevedra: 119 (+1)

Santiago: 100 (-10)

Vigo: 197 (-14)

Nos hospitais a situación é estable: Son 59 ingresados, 43(-2) en planta e 16 (+1) en UCI.

O número de falecidos pola pandemia en Galicia ascende a  2.434 persoas. O último falecido era un home de 100 anos que morreu o día 19 no hospital da Coruña.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES