jueves, noviembre 7, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoPlay-Doc estrea nova sección na súa vixésima edición en Tui

Play-Doc estrea nova sección na súa vixésima edición en Tui

O Festival Internacional de Cine Documental Play-Doc de Tui celebra este ano a súa vixésima edición, e o fai convertido nun festival de referencia para o sector audiovisual. Así o presumiu o seu director, Ángel Sánchez, que na presentación a edición que comezará a próxima semana, recordou como unha revista extranxeira especializada en cinema escribiu unha vez que Play-Doc podería facer palidecer a grandes festivais internacionais. Así, facendo unha valoración destes vinte anos de paixón polo cine en Tui, Ángel Sánchez presentou a programación da vigésima entrega de Play-Doc, que se desenvolverá desde o 1 ao 5 de maio en Tui. Este ano, coma novidade, estrea a sección Sombras, que se dedicará a recuperar a obra de cineastas galegos clásicos cuxa traxectoria non tivo a repercusión que merecen.

O produtor galego Pepe Coira foi o encargado de explicar esta nova sección, que comezará homenaxeando a figura de Tony Román, que dirixiu películas emblemáticas nos anos 40 e 50. A súa obra será presentada en dobre sesión, ambas comentadas e conducidas por Pepe Coira. Na primeira sesión comentarase Ciudad encantada (1936) e O carro e o home (1940), mentres que a segunda mergullarase exclusivamente en Canto a emigración (1935), inspirada nun debuxo de Castelao.

Por outro lado, ademais das tres retrospectivas xa anunciadas polo festival, sobre as traxectorias de William Friedkin, Leon Hirszman e David Gladwell; e as películas que competirán na sección oficial; Play-Doc tamén contará coa súa xa tradicional sección competitiva galega, que propón un percorrido caracterizado pola diversidade de propostas, tanto no formal coma no temático. En total son trece os filmes galegos que se proxectarán nesta vixésima edición de Play-Doc:

12 DE MAIO DE 1937, de Mar Caldas

AURORA, de Area Erina

CORRE O VENTO, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera

LAVADOIRO, de Anna Amado e Lois Patiño

NON TE VEXO, de Xacio Baño

O AUTO DAS ÁNIMAS, de Pablo Lagos Dantas

OS ESPAZOS EN BRANCO, de Bruno Arias

PECHAR CAIXAS, ABRIR CAIXAS, de Hugo Amoedo

PLATÓNICO, PLATÓNICA, de Xacio Baño

QUEIMAR CANDO MORRA, de Inés Pintor

SALVAXE, SALVAXE, de Emilio Fonseca Martín

SEGUNDA II, de Anita Pico

VIAXAR AOS TEUS RECORDOS É BUSCAR PELEXA de Daniel Pérez Silva

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS