lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui convida aos máis cativos a deseñar a súa postal de Nadal

Tui convida aos máis cativos a deseñar a súa postal de Nadal

O Concello de Tui convoca unha nova edición do concurso para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2021.

O certame vai dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que «a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal».

Destaca que o traballo gañador deste certame será o que empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente felicita á veciñanza do concello. O resultado tan positivo da convocatoria deste certame o ano pasado foi o que animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

A temática deste concurso de debuxo escolar é «O Nadal en Tui». O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados.

Cada participante poderá presentar un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro elixirá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES