viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO Condado"Rexeita o maltrato" en Mondariz cun xogo de escapismo

«Rexeita o maltrato» en Mondariz cun xogo de escapismo

O Concello inclúe esta actividade dirixida á mocidade na súa programación cultural de novembro para concienciar sobre a violencia de xénero en vésperas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz organiza unha actividade gratuíta de escape room para mozos e mozas na Praza de Abastos da localidade, co rexeitamento á violencia de xénero como tema principal o 20 de novembro, a partir das 19:30 horas. «Tendo en conta que o 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, esta actividade serve para concienciar á mocidade a través do xogo», sinala Anxos Carballo, concelleira responsable de Cultura, Igualdade, Educación e Mocidade en Mondariz.O escape room é un xogo de investigación e escapismo por equipos

No pasado mes de agosto, Mondariz xa acolleu un escape room urbano na Praza de España sobre mulleres na historia, e agora volve repetir a experiencia da man da empresa «Territorio Comanche», que é unha referencia no deseño destas actividades de aventura.

O prazo de inscrición para participar no escape room do 20 de novembro en Mondariz xa está aberto. Os equipos deben estar formados por entre 3 e 5 persoas con idades comprendidas entre 13 e 18 anos, aínda que as menores de 13 tamén poden participar se van acompañadas dunha persoa adulta. Os equipos deben inscribirse na OMIX de Mondariz a través de teléfono (680 964 461) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal) antes do 17 de novembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES