jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísGran recollida de alimentos 2021 con Pedro Alonso como padriño

Gran recollida de alimentos 2021 con Pedro Alonso como padriño

Gran campaña de recollida de alimentos do 19 ao 25 de novembro impulsada pola ONG Banco da Alimetos, este ano apadriñada polo actor vigués Pedro Alonso, coñecido por papeis como o de Berlín en «La casa de papel» ou «Padre Casares».

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recuperou unha das súas tradicións e este martes presentou ao novo padriño da Gran Recollida 2021, o actor vigués Pedro Alonso.

Na última edición, fora a xornalista María Rey a madriña. En edicións anteriores xa apadriñou «Gonzo», María Castro ou David Amor, entre outros.

O acto de presentación tivo lugar na nave que o Banco de Alimentos ten na parroquia viguesa de Lavadores.

A Gran Recollida terá lugar do 19 ao 25 de novembro e a xente que queira colaborar pode facer a súa contribución, ao igual que o ano pasado, a través da páxina web, Bizum ou nas caixas dos supermercados.

Os voluntarios, identificados con chalecos, estarán nos supermercados os días 19 e 20 de novembro. Nesta ocasión non se darán alimentos e a achega farase en caixa. Desde o Banco de Alimentos lembran que todo o recadado economicamente será traducido en alimentos.

A ONG lembra que os alimentos máis demandados son o leite, cacao, galletas, conservas, cereais e durante este ano estase a incorporar a conserva de carne.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES