viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriña"É tempo de volver a viaxar" para as persoas maiores en Mos

«É tempo de volver a viaxar» para as persoas maiores en Mos

O venres abrirá o prazo de inscrición nunha nova viaxe para maiores.

Xa hai organizada unha nova excursión para persoas maiores dentro do programa municipal é tempo de volver viaxar  da concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe a edir Sara Cebreiro. Para participar na próxima actividade as interesadas deberán inscribirse a partir do venres 5 de novembro. O devandito prazo finalizará o 15 de novembro. 

Esta viaxe está dirixida a maiores de 55 anos, residentes en Galicia e preferentemente empadroados en Mos. Neste caso consistirá nunha estancia no Balneario SPA Ribeira Sacra do 28 de novembro ao 2 de decembro. O prezo por persoa será de 222€. Suplemento individual de 110€. A hospedaxe será no Hotel Balneario Augas Santas e durante a excursión realizaranse visitas turísticas guiadas a Ourense e Monforte de Lemos e farase un cruceiro polos Cañóns do Sil

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES