domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsA terraContinúa a restauración ambiental do Río Couso en O Porriño

Continúa a restauración ambiental do Río Couso en O Porriño

O sábado 4 de maio retómanse as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies invasoras

O Concello do Porriño e Verdegaia retoman os traballos realizado o ano pasado encamiñados a recuperar o estado natural do treito final do río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro no Porriño.


Ao longo de tres xornadas, 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño, recollerase o lixo acumulado, eliminaranse algunhas especies invasoras e acompañarase o crecemento das arboriñas que plantaron durante o inverno.


Esta actividade procura tamén, ademais do impacto directo sobre o medio, visibilizar as intervencións de restauración de espazos naturais, que moitas veces se realizan en zonas afastadas e non se observan por parte do público. «Programandoa nunha zona que moitas persoas de toda a comarca utilizan para pasear e facer deporte demostraremos como a recuperación de espazos naturais moitas veces é posible contando simplemente co traballo voluntario e comunitario dos propios veciños» aseguran dende a organización.


Programación
A actividade constará de tres xornadas, todas elas en horario de 11 a 13 h, os sábados
4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño. Nas mesmas, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiranse luvas e ferramentas entre as persoas participantes para proceder á retirada do lixo e de especies invasoras que impiden o crecemento das especies autóctonas.


A inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do email omix@oporrino.org ou
chamando ao 691 657 039. O punto de encontro será como sempre na rúa Leandro Diz, número 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES