domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísAna Pontón volverá liderar o BNG para aspirar á Xunta en 2024

Ana Pontón volverá liderar o BNG para aspirar á Xunta en 2024

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,  volverá presentarse para encabezar a candidatura interna e liderar a formación nacionalista, co «reto» de gañar a presidencia da Xunta nas eleccións de 2024.

Ana Pontón:

Pontón defende que «por primeira vez» o BNG está en «condicións de disputar a hexemonía ao PP». «Sería un erro maiúsculo e un lastre para o reto que temos por diante non facer un alto no camiño», afirmou.

Pontón escolleu un hotel en Santiago para comunicar a súa decisión que anunciou como unha reflexión persoal.

O acto estivo marcado pola ausencia de dirixentes ou militancia. «Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP», proclamou na súa intervención.

«Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP»

Os últimos dous meses dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo Consello Nacional -máximo de órgano de decisión entre asembleas- este sábado, unha semana antes do plenario da XVII Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES