viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda ampliará a Praza da Devesa e construirá a futura Casa da...

Salceda ampliará a Praza da Devesa e construirá a futura Casa da Mocidade

O Pleno do Concello de Salceda vai aprobar este xoves a modificación das normas subsidiarias da parcela da Devesa, que pasará a ter uso dotacional público

A parcela, que actualmente ten un uso de aparcadoiro, conta cunha cualificación urbanizable. En outubro do 2020, o pleno municipal aprobou xa a suspensión das licenzas urbanísticas, que nunca se fixeran efectivas, dando así o primeiro paso para dotala de novos usos sociais.
Con esta modificación das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, o Concello de Salceda de Caselas contempla desenvolver unha nova praza, contigua á actual Praza da Devesa, sumando así mil metros cadrados máis de espazo público para uso da veciñanza.
Esta modificación contempla ademais a posibilidade de urbanizar contra o actual edificio privado un novo equipamento público, onde se construirá a futura Casa da Mocidade, unha vez se materialice a adquisición das parcelas, propiedade na actualidade da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, SAREB.
Con esta nova infraestrutura, o equipo de goberno da resposta ás necesidades actuais da mocidade dun espazo propio, onde poder realizar actividades, cursos, obradoiros e que se desenvolverá proximamente mediante un concurso de ideas, no que participará o tecido social do Concello.
Loli Castiñeira, Coordinadora de Proxectos explica que «con esta modificación puntual das normas subsidiarias a veciñanza de Salceda gozará dunha nova A alcaldesa e responsable da área de Urbanismo, Verónica Tourón, sinala que «resaltar a importancia do traballo que se ven realizando polo equipo de urbanismo co fin de acadar espazos para as persoas e dotar a nosa vila de novos servizos»

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES