lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoCrecente é o concello do Condado-Paradanta con máis poboación vacinada

Crecente é o concello do Condado-Paradanta con máis poboación vacinada

Cunha porcentaxe dun 80,08% da poboación diana vacinada, o municipio de Crecente é o que presenta a cifra máis alta de inmunización da comarca.

 

Segundo os datos oficiais sobre o número de persoas que recibiron a pauta completa contra a COVID-19, que vén de fácer públicos a Consellería de Sanidade, o municipio de Crecente é o que rexistra a porcentaxe máis alta do Condado-Paradanta cun 80,08%. Séguelle Covelo cun 79,84%; Arbo cun 78,66%; Mondariz cun 76,56% e A Cañiza cun 76,17%

Noutra marxe, sitúase o municipio de Mondariz Balneario cun 74,47% e, con 5 puntos porcentuais menos con respecto ao concello que rexistra a porcentaxe máis alta, atópanse os concellos de Ponteareas cun 73,37% e, por último, Salvaterra de Miño cun 73,23%.

Val Miñor, no 76% de inmunización

Os tres concellos que forman a comarca do Val Miñor sitúanse arredor do 76% de poboación diana inmunizada contra o virus cadanseu. Entre as décimas que os separan, é o de Baiona, cun 76,93%, o que ten máis veciños e veciñas coa pauta completa. Séguelle o de Nigrán cun 76,72% e o de Gondomar cun 76,60%.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES