sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra recibe ao seu piragüista Dani Pérez Cortegoso

Salvaterra recibe ao seu piragüista Dani Pérez Cortegoso

O Concello de Salvaterra recibiu ao piragüista da localidade, Dani Pérez Cortegoso, recén chegado da competición de augas bravas, na categoría de “Slalom”.

Daniel, de 19 anos, comezou no piragüismo con 12 anos e desde entón fíxose cun palmarés envexable. Asimesmo quen o coñece destaca a súa humildade, a pesar da súa valía e proxección como deportista.

Recentemente acadou un noveno posto no Europeo sub-23 que tivo lugar en Eslovenia.

A súa meta é chegar a ser medallista mundial no Europeo sub-23, finalista nas Copas do Mundo Absolutas e, márcase como obxectivo estar nas Olimpiadas de París 2024.

Palmarés:

  • 3 veces campión de España na categoría Junior
  • 10º puesto no Mundial Junior no 2019
  • 4º posto no Campionato de España Absoluto
  • Campión Galego Absoluto no 2020

«É un orgullo para o noso concello» sinalou na recepción a Pérez Cortegoso a alcaldesa de Salvaterar, Marta Valcárcel, xunto ao edil de Deportes, Edgar Martínez.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES