martes, abril 16, 2024
InicioComarcasParadantaA Cañiza estrea chorros de agua e luces de cores nocturnas

A Cañiza estrea chorros de agua e luces de cores nocturnas

O Concello da Cañiza activou a súa fonte de chorros de auga, transitable para a cidadanía, do parque “Heriberto Fuertes” . Fíxoo o mes pasado en plena ola de calor.

A fonte estaba desactivada, segundo o goberno local, “dende o comezo da pandemia provocada pola COVID-19 e a declaración do estado de alarma”.
Esta nova fonte conta con 16 chorros de auga verticais, regulables en altura por bombas e con variador de velocidade incorporado e foco LED con cambio de cores RGB durante a noite.
Cun orzamento de 48.000€euros, contou cunha subvención de 33.600€euros; o 70% aportouno a Vicepresidencia Primeira da Xunta e o Concello sufragou 14.400 euros con fondos propios.
As obras consistiron na demolición do chan de caucho do parque que estaba fortemente deteriorado e na retirada dos elementos de xogo, xa que na parcela limítrofe se estaba construindo un novo parque de esparcemento e lecer.
Aproveitouse a existencia doutra fonte neste espazo e os seus sistemas de abastecemento e desagüe para instalar a nova fonte de chorros transitable regulada. Por último se instalaron 10 bancos curvos de 1.50m de longo e 52 centímetros de ancho, formando parella a intervalos iguais.
O Concello encargouse de acondicionar o entorno con formigón, rematar o perímetro alrededor da fonte coa colocación de adoquíns de cores, pintar as vallas, instalar o programa de bombeo dos chorros e regulalo e cambiar o sistema de abastecemento da auga.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES