viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaOs proxectos Maker Lego e Star Lego do Colegio Lar, premiados na...

Os proxectos Maker Lego e Star Lego do Colegio Lar, premiados na gran final

Ambos grupos formados por alumnado de 3º de Primaria logran os premios aos valores First e á mellor maqueta, respectivamente

O Colegio Lar foi mencionado dúas veces na Gran Final FIRST LEGO League España, celebrada esta fin de semana de xeito virtual desde Tenerife. Os dous equipos formados por María, Carmen, Ángela, Nicolás, Lois e Eric (Maker Lego Lar) e Sergio, Adrián, Enzo, Carolina, Marta e Bryan (Star Lego Lar) que competiron no Desafío Playmakers recibiron o premio aos valores First e á mellor maqueta, respectivamente, no acto que este ano organizaron a Fundación Scientia e o Parque Científico e Tecnolóxico de Tenerife.

Logo de celebrarse as diferentes liguillas a nivel autonómico, un total de 10 equipos, entre eles os dous formados por estes 12 estudantes de 3º de Primaria do Colegio Lar, clasificáronse para a gran final na categoría Explore (menores de 6 a 9 anos) na que participaron coas súas maquetas de circuítos deportivos. Maker Lego Lar creou unha pista de hóckey, ximnasio, cinta de correr e unha pista de skate con telecadeira incorporada e Star Lego Lar deseñou un tobogán con ascensor para facilitar a subida a persoas con dificultades, cinta de correr e rocódromo.

Desde a Dirección do Colegio Lar, Rodrigo M. Salgado Pombo felicita aos premiados, “pequenos enxeñeiros e científicos que cos seus proxectos revolucionaron, coa súa creatividade e enxeño, a maneira de facer deporte e xogar”, así como aos seus soportes incondicionais, os seus adestradores, os profesores Adrián e Sabi, e tamén as súas familias

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES