lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO coche oficial do ex alcalde Barros, vendido por 536 euros

O coche oficial do ex alcalde Barros, vendido por 536 euros

Foi un dos 23 vehículos municipais en desuso que se ofertaron na segunda poxa coa que se recadou un total de 8.697 euros

O Concello do Porriño vén de vender os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo, entre 50 e 100 euros, finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. Así, o importe total da venda dos 23 vehículos acadou os 8.697 euros (impostos incluídos), segundo sinalan fontes municipais.
Esta mañá, presidida pola alcaldesa Eva García, a mesa de valoración celebrou a sesión pública de apertura de plicas da poxa, que era a segunda que se convocaba polo Concello para a venda destes vehículos.
Entre as curiosidades que deparou o resultado da poxa está o prezo máis alto, que foi de 1.550 euros ofertado polo vehículo “Ssangyong Action” con 160.000 quilómetros e que na anterior poxa tiña un prezo de saída de 5.800 euros. Pola contra, unha berlina “Volvo S80” que fora o coche oficial da Alcaldía na época de Xosé Manuel Barros, vendeuse en 536 euros

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES