viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui gozará dunha nova edición de Música no Claustro en agosto

Tui gozará dunha nova edición de Música no Claustro en agosto

Será do domingo 1 ata o sábado 7 de agosto no claustro da catedral tudense.

A cultura está de parabéns en Tui co anuncio, esta tarde, dunha nova edición do Festival Música no Claustro, un evento que mestura música e patrimonio no claustro da catedral de Tui.

Esta nova edición rompe co concepto bienal anunciado pola organización, cuxa orixe residía nas obras de rehabilitación do palacio episcopal tudense que se desenvolveron no ano 2017. “Esa pausa obrigatoria permitiunos organizar un festival con reflexión e novos retos que se materializaron no verán de 2018 na sede compartida da Catedral de Tui e o Museo Nacional de Escultura”, explican desde a páxina web do festival, recordando que a pandemia paralizou os proxectos de Música no Claustro pero que, aínda así, foi o primero festival celebrado en Tui en tempos de pandemia.

“Regresamos neste ano 2021 cun programa cheo de propostas artísticas de calidade e innovación, con proxectos creados en diferentes residencias artísticas na Catedral de Tui e un foro profesional que anunciaremos próximamente”, adianta o director do festival, Samuel Diz.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES