lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaUn inversor valenciano compra Pili Carrera

Un inversor valenciano compra Pili Carrera

A alcaldesa, Nidia Arévalo, sela o compromiso do Concello de Mos coa empresa para que a factoría permaneza no municipio.

A rexedora mantivo este xoves unha reunión cun inversor procedente de Valencia que vén de comprar Pili Carrera. Na xuntanza, a rexedora local expresou o compromiso de colaboración por parte do Concello de Mos para que a producción da factoría permaneza no municipio.

O inversor atópase xa organizando a posta en marcha da empresa, que implicará a contratación inminente de 40 dos traballadores de Pili Carrera, aínda que a intención é a de ir contando con todos e incorporándoos á plantilla paulatinamente; segundo informou a alcaldesa.

Arévalo insiste no compromiso municipal co comprador de Pili Carrera para buscar a vía de que a empresa quede en Mos, ben reutilizando as instalacións existentes na actual ubicación na parroquia de Torroso ben buscando un novo emprazamento no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña.

Así mesmo, a rexedora local mosense anunciou que a vindeira semana manterá tres reunións para avanzar neste senso, con Xestur, a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, e cos técnicos municipais. Ademais explicou que todo o procedemento realizarase da man do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).

Nidia Arévalo quixo “agradecerlle á nova empresa que decidise pechar esta inversión que supón unha ledicia e un alivio para o municipio de Mos” e declarouse “satisfeita de que Pili Carrera volva e que a empresa compradora quixese contar co Concello, xa que desde esta administración local mosense sempre estivemos a disposición e en comunicación constante con traballadores, comité de empresa, sindicatos e administrador concursal”.

“Agora que xa é firme a compra continuaremos desde o Concello a traballar man a man co inversor para lograr que a empresa manteña a fabricación no noso municipio, para o cal precisamos o máximo apoio de todos os axentes implicados, da Corporación Municipal, traballadores de Pili Carrera, comité de empresa, sindicatos, administracións supra municipais, etc.”, concluiu a alcaldesa. 

Moción para apoiar aos traballadores e ás traballadoras de Pili Carrera

O equipo de goberno local encabezado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, presentou no Pleno do Concello de Mos do pasado 22 de febrero, a iniciativa de aprobar unha moción conxunta de todos os grupos da Corporación Municipal, de apoio aos traballadores/as de Pili Carrera, na que se instaba á Xunta de Galicia, ao IGAPE e ao administrador concursal a realizar o máximo esforzo para buscar un inversor e así salvar o centro de traballo. Moción que foi aprobada por unanimidade por todos os membros da Corporación, e coa presenza na sesión plenaria, e o beneplácito, da presidenta do Comité de Empresa de Pili Carrera, Lucía Giráldez Pérez.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES