viernes, abril 26, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal rectifica e admite as viaxes non esenciais

Portugal rectifica e admite as viaxes non esenciais

Os galegos e as galegas xa poden cruzar a raia por motivios non esenciais.

Novo capítulo na normativa das restricións entre España e Portugal.O país veciño si admite agora as viaxes que se realicen por causas non xustificadas como pode ser ir a comprar, a pasear, tomar un café ou calquera outra actividade.

Foi o mércores 5 de maio cando o Consulado General de España en Lisboa comunicou que só era posbible cruzar a fronteira por motivos esenciais, entendendose como tales os laborais, sanitarios ou os que tiñan que ver coa formación académica, alomenos ata o 16 de maio. O Consulado tamén o confirmou, por escrito, ao equipo de informativos de Si Radio de Galicia o 7 de maio, dous días despois do primeiro anuncio. Con todo, Portugal rectifica e si admite agora os desprazamentos sen causas xustificadas, segundo un aviso que data do 9 de maio.

portuagl_9_de_maio.JPG

Así, os galegos e as galegas xa poden cruzar a fronteira por motivos non esenciais. É dicir, é posible viaxar ata ao país veciño para facer unhas compras, tomar un café ou pasear, entre outras. Recupérase, polo tanto, a plena mobilidade entre ambos territorrios. Esta normativa é valida para as fronteiras interiores terrestres, os pasos.

Non se flexibilizan as normas en Portugal para as viaxes por vía área, alomenos ata o 16 de maio. Só é posible se é por custións laborais, educativas, sanitarias, reunións familiares ou por motivos humanitarios. Amáis, cómpre unha PCR con resultado negativo.

Precisamente, esta modificación das restricións, coincide co levantamento do peche perimetral da comunidade galega, que permite a entrada e saída sen causas xustificadas.

 

 

 
 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES