sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísMos sae do nivel medio de restricións, no que continúa Soutomaior

Mos sae do nivel medio de restricións, no que continúa Soutomaior

O Comité Clínico que asesora á Xunta na pandemia vén de decidir relaxar as restricións no concello de Mos e mantelas, polo de agora, no de Soutomaior.

As restricións que rexerán no concello de Mos dende o sábado 19 de xuño son as do nivel medio-baixo. É dicir, o de menos limitacións. Así, a hostalería amplía aforamentos ata o 75% no exterior e ata o 50% no interior dos locais. O municipio da Louriña non rexistra, segundo a última actualización de Sanidade, ningún positivo en COVID-19 no periodo de sete días.

Pola contra, o Comité decide manter as restricións do nivel medio no concello de Soutomaior. No municipio, os aforamentos nos locais é do 30% no interior e do 50 nas terrazas. O municipio rexistra unha incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana mais coa perspectiva de dúas achégase aos 250 por 100.000 con 18 contaxios.

Xunto a Soutomaior, as medidas do nivel medio rexerán tamén nos municipios de Camariñas e Malpica de Bergantiños.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES