viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasArbo, libre de COVID-19

Arbo, libre de COVID-19

Volven os contaxios a Tomiño logo de non contabilizar ningún positivo no periodo dunha semana.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza do municipio de Arbo pois non se rexistraron casos positivos nin en 7 nin en 14 días. En Tomiño, pola contra, volven os contaxios logo de que non se contabilizaran nunha semana.

Deste xeito, Arbo súmase aos concellos do Rosal, Crecente, Covelo, Fornelos de Montes, Oia, Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves como municipios nos que a COVID-19 deixou de circular entre a súa veciñanza. Pola súa banda,O Porriño, Mos e Nigrán son os tres concellos onde, no periodo dunha semana, non se contabilizan contaxios mais si coa perspectiva de dúas polo que aínda non é posible incluílos na listaxe das localidades libres do virus.

Ponteareas mantense na incidencia máis baixa do rango de Sanidade ao contar con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana e continúan, de igual xeito, Baiona, Tui, Salceda de Caselas,Salvaterra de Miño, A Cañiza, Redondela e Vigo na segunda máis leve con menos de 25 por 100.000. De feito, só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 contaxios con 45. 

En Tomiño volven os contaxios logo de que no periodo dunha semana non se producira nin un só contaxio entre a súa veciñanza. Arestora, conta cun abano dos 1-9 casos cunha incidencia que non chega aos 10 contaxios por 100.000 habitantes en sete días.

A Área Sanitaria de Vigo continúa no descenso de casos activos con 18 menos que onte ata os 274. En canto á presión hospitalaria, son 7 pacientes en camas convencionais, un máis que na anterior xornada, e redúcese á metade as persoas ingresadas nos críticos ata as dúas.

É a área da Coruña a que conta con máis casos positivos do conxuto de Galicia con 401, isto é, 17 máis que onte.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES