sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaUn novo parque para Cans na Louriña

Un novo parque para Cans na Louriña

Ao xa existente en Salceda de Caselas, súmase agora o que se instalará en Sanguiñeda, Mos, duns 1.500 metros cadrados que contará con elementos de ‘agility’.

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron de que o Concello xa ten determinada a localización para o parque para cans pioneiro en Galicia, que se construirá con financiación autonómica. A área de lecer canina integrarase no xa existente parque de Sanguiñeda, zona recreativa de gran extensión na que conviven o parque da auga, parque infantil, espazos verdes… e agora incorporará tamén un parque específico para cans.
O parque para cans de Sanguiñeda consistirá nun proxecto piloto innovador que irá máis aló dun clásico parque con permiso para acceso a cans, será un espazo especialmente habilitado para eles, con elementos para a práctica de ‘agility’ tales como tubos, balancíns, postes para facer zig zags, merendeiro con mesas para os donos, etc. Ademais desta zona pensada para a actividade física das mascotas, está previsto que o parque estea dividido nunha zona para cachorros e outra para cans adultos.
Segundo declarou o edil de Medio Ambiente, «preténdese crear un área de lecer canino duns 1.500 metros cadrados de superficie e cun orzamento aproximado duns 50.000 euros».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES