jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta acepta que a conselleira delegada de DomusVi se vacinase

A Xunta acepta que a conselleira delegada de DomusVi se vacinase

A Xunta non investigará por qué recibiu unha dose da vacina contra a COVID-19 a conselleira delegada da multinacional de residencias de maiores DomusVI en Vigo.

A Consellería de Política Social acepta as expliaciones dadas pola multinacional DomusVi sobre a vacinación da súa delegada, Josefina Fernández. A empresa  explica que Fernández se vacinou por exercer como directora dunha residencia e estar en contacto cos usuarios, a pesar de que inicialmente non estaba no listado de persoal a vacinar que posuía a Xunta.

«Se Josefina Fernández está diariamente con residentes considero que debe ser vacinada. Se non está en contacto con residentes diariamente terá que ser ela quen dea explicacións», sinalou a conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha entrevista na que recoñeceu que a Xunta nin se dirixiu á delegada de DomusVi para esixirlle explicacións pola súa vacinación nin ten previsto abrir unha investigación respecto diso.

Fabiola García puntualizou que «todos» os directores de residencias de maiores de Galicai recibiron unha dose da vacina contra o covid-19 «porque están en contacto cos residentes».

Política Social asegura que se lle aadministrou a vacina a Josefina Fernández no centro DomusVi de Vigo, que a incluíu na lista dos seus traballadores para recibir a vacina. O mesmo sucedeu co seu irmán.

 Segundo Fabiola García a Xunta «sabe» as explicacións ofrecidas para xustificar a súa inclusión na lista e que «se é así» e está en contacto cos usuarios, «está ben feito».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES