viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO IES de Mos leva os valores do deporte inclusivo ás aulas

O IES de Mos leva os valores do deporte inclusivo ás aulas

O programa “O Deporte Inclue- T na Escola” inclúe deporte, valores e emprendemento

Presentación do proxecto, este martes, no auditorio do multiusos das Pozas:

O IES de Mos lidera o proxecto “O Deporte Inclue- T na Escola” que permite aos 108 alumnos de 3º da ESO experimentar os valores do deporte inclusivo da man de grandes referentes como os paralímpicos galegos Susana Rodríguez Gacio ou Chano Rodríguez. Este proxecto pioneiro inclúe deporte, integración, valores e emprendemento xuvenil. Grandes deportistas de elite, destacados adestradores e profesores de educación física de toda Galicia, foron os relatores de luxo cos que contaron os Talleres en Valores que se viñeron impartindo a alumnado e profesorado do IES de Mos durante as últimas semanas. Entre eles, destacan o bicampión do mundo de fisioculturismo Arturo Castañeda Cid, Luís Piña (adestrador de Susana Rodríguez Gacio, ouro en tríatlon adaptado en Tokio 2020) e Chano Rodríguez (o nadador paralímpico español con máis medallas de ouro). Eles transmitiron de primeira man valores imprescindibles na práctica dos deportes de elite, e tamén desexables para todos os ámbitos da vida: compromiso, ilusión, esforzo, resiliencia, constancia, autoestima, perseveranza, inclusión, diversidade… Eses valores do deporte, as experiencias e evolución dos deportistas, as actitudes imprescindibles para alcanzar os obxectivos propostos, así como a necesidade de atención á diversidade no deporte, foron algunhas das temáticas tratadas nas charlas e coloquios altamente inspiracional.

O programa culmina coa posta en práctica destes valores a través dun proxecto de emprendemento cuxo obxectivo é recadar fondos para financiar a súa excursión de fin de curso e destinar a metade do recadado ás Exclavas da Virxe Dolorosa (centro residencial e educacional para nenas con deficiencia intelectual de Mos). Os alumnos participan activamente no proxecto de xestión semiempresarial, onde se implicaron no deseño, promoción e venda dun produto personalizado por eles mesmos. Para iso impartíronse uns Talleres de Creatividade onde deseñadores profesionais ensinaron aos estudantes técnicas de ilustración e exemplos gráficos de modelos practicando deportes paralímpicos. Cada alumno fixo un debuxo propio que, combinado co dos seus compañeiros, serviu para personalizar uns calcetíns de deporte que puxeron á venda. O concello de Mos se ha sumados a esta incitativa para implicar tamén aos comerciantes do municipio.

Para a alcaldesa, Nidia Arévalo, “este é un proxecto que encaixa perfectamente nos valores que desde o Concello queremos transmitir aos nosos mozos». A impulsora deste proxecto, a profesora de educación física do IES de Mos, Esther González, destacou que este contrato programa subvencionado pola Xunta de Galicia «serviu para que os alumnos valorasen máis que nunca o que con perseverencia e esforzo póidanse romper todas as barreiras que se queiran. É moi importante destacar a diversidade de alumnos que temos, desde nenos cegos pasando por tdh ou autistas. Ás veces, unha actividade deportiva úneos como unha piña aceptando as diferenzas que os separan».

Habilidades transversais

Do mesmo xeito que en calquera aventura empresarial, os estudantes ten que utilizar habilidades relacionadas co márketing, a comunicación, relacións públicas ou a comercialización para conseguir o seu obxectivo. O proxecto implica a colaboración de profesores e alumnos, permitindo poñer en práctica os ensinos teóricos das aulas, e facéndolles ver aos mozos a súa aplicación e valor na vida real.

Ademais tocaron de forma transversal moitas das disciplinas educativas como plástica, educación física, lingua castelá, galega e inglés, matemáticas, historia, orientación, etc. O programa “O Deporte Inclue- T na Escola”, liderado polo IES de Mos e que se divulgará entre outros institutos de España, conta cunha subvención da Xunta de Galicia, o apoio do concello de Mos a través dos comerciantes locais e a colaboración de MrBroc Business unha empresa galega de servizos de márketing experiencial dixital a empresas cunha tecnoloxía propia de personalización de produtos con ilustracións do usuario. Os calcetíns solidarios personalizados polos alumnos do IES de Mos xa se poden encargar en mrbroc.com/fundraising

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES