martes, mayo 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 16.000 casos activos no arranque do inverno

Galicia supera os 16.000 casos activos no arranque do inverno

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 16.000. En Galicia hai un total de 16.253 persoas contaxiadas de coronavirus. Vigo ten case 5.300 casos e as áreas de Ourense, A Coruña e Pontevedra roldan os 2.500. Baixa a presión nos hospitais pero os contaxios diarios seguen por riba de 1.000.

En canto aos contaxios diarios, estes descenden por primeira vez nunha semana de continua subida. Foron detectados 1.041 casos novos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 5.282 (+71)

Ourense: 2.547 (-35)

A Coruña: 2.530 (+158)

Pontevedra: 2.515 (+34)

Santiago: 1.709 (+99)

Lugo: 1.066 (+38)

Ferrol: 604 (+32)

Nos hospitais galegos  hai unha persoa menos en UCI (50) e 8 menos en planta (233). 

O Sergas notificou oito decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.730 falecementos desde o inicio da pandemia

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES