viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Festival de Cans volve ao torreiro e ao invernadoiro de Mucha...

O Festival de Cans volve ao torreiro e ao invernadoiro de Mucha e Juan do Peso

O certame recupera algúns dos seus espazos emblemáticos para coloquios e pequenas actuacións, sempre coa capacidade limitada ao 50%

A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 do vindeiro mes de setembro, partirá do modelo que seguiu o pasado ano, e que permitiu a celebración do certame con total normalidade. Desde a organización trabállase na preparación dun festival extremando todas as precaucións, gardando as distancias sociais requiridas en cada espazo e mantendo o esixente plan de limpeza e desinfección en cada galpón, despois de cada sesión de proxección ou cada actuación.
Ademais, tamén se reforzarán os efectivos de seguridade interna coa intención de que haxa un control de accesos e saídas fluído en todos os galpóns e en todos os camiños da aldea, sobre todo no horario de peche do festival, que en ningún caso superará a 1 da madrugada.
O festival recuperará nesta edición algúns dos seus espazos emblemáticos, como son o torreiro ou o galpón e o invernadoiro de Mucha e Juan do Peso. Ambos espazos serán destinados a actividades como pequenas actuacións musicais ou coloquios, sempre co público sentado. Será preciso o uso de máscara durante as proxeccións e todos os galpóns manterán a capacidade limitada, que non superará o 50%, a pesar de que a normativa permitiría unha ocupación de ata un 75%.

Carpa na Leira do Río

Así, o esquema será semellante ao da última edición, cunha ampla carpa no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, para as actuacións principais e entrega de premios, cunha capacidade máxima de 300 persoas sentadas e con distanciamento. A este recinto accederase a través dunha entrada, e todo o mundo que queira asistir a este espazo ou a algunha outra actividade debe facer a súa preinscrición, segundo as normas do protocolo COVID. O mesmo ca na anterior edición, para acceder a algunha das actividades do festival será imprescindible comprar unha entrada ou facer a preinscrpción gratuíta.

Chimpíns

Ao igual que na pasada edición, o uso de chimpíns estará limitado a catro persoas e só circularán, de xeito honorífico para homenaxeados e equipos dos filmes, nas tres procesións previstas para o xoves, día 2, no Porriño e o venres (3) e sábado (4) na propia parroquia de Cans.

 

Entradas a punto de esgotarse

Os paquetes de entradas de tarde con desconto para as competicións oficiais de ficción e animación están a piques de esgotarse. Quedan menos de 20 entradas para estas proxeccións, e menos de 30 para a sesión matinal.
Estes paquetes de oferta custan 21, 50 euros con gastos de xestión, e inclúen entrada, camiseta oficial e catálogo do festival e chapa de edición limitada. Esta oferta só é válida ata este domingo, 1 de agosto, e a partir de aí, o prezo será de 27 euros, sempre que quedasen entradas dispoñibles.
En total, só sairán á venda 400 entradas para a competición central de ficción e animación, das cales 200 serán de mañá e 200 de tarde. As preinscricións para as actividades e a venda de entradas poden realizarse en tenda.festivaldecans.com

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES