jueves, abril 25, 2024
InicioUncategorisedGalicia contén a presión hospitalaria por mor da COVID-19

Galicia contén a presión hospitalaria por mor da COVID-19

Os hospitais galegos conteñen o número de pacientes COVID logo de varias xornadas de repunte posto que son dúas persoas menos ingresadas en camas conencionais e mantense en 30 as persoas que precisan da UCI na comundade

Galicia conta arestora con 18.335 casos activos en coronavirus, 474 máis ca onte, segundo a última actualización de Sanidade. Un repunte máis leve dos que anteriormente experimentara a comunidade.

É a Área Sanitaria de Ourense a única que consegue restar positivos e é a da Coruña a que maís aumenta ao sumar 206 nun só día:

Vigo: 4.378 (+30)

A Coruña: 3.530 (+206)

Pontevedra: 3.041 (+17)

Santiago: 2.378 (+104)

Ourense: 2.223 (-34)

Lugo: 2.100 (+100)

Ferrol: 885 (+51)

En canto á presión hospitalaria, Galicia contena con respecto á anterior actualización do SERGAS. Son 234 pacientes os que están ingresados en camas convencionais e o número de persoas que precisan das UCI é igual a onte, é dicir, 30 en total.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES