sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha persoa resulta ferida nunha colisión frontal en Ponteareas

Unha persoa resulta ferida nunha colisión frontal en Ponteareas

Dous turismos chocaron frontalmente na PO-403, á altura da parroquia de Angoares.

A primeira hora da mañá dous turismos colisionaron frontalmente na estrada PO-403 ao seu paso por Angoares, na curva anterior á chegada da tenda de ultramarinos da parroquia. Unha persoa resultou ferida e necesitou asistencia médica. Ata o lugar dos feitos desprazáronse Emerxencias Sanitarias, Policía Local e Bombeiros de Ponteareas.

Por mor do accidente, hai retencións na saída de Ponteareas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES