lunes, abril 29, 2024
InicioNewsO PaísMarchas en Galicia nun 25N coa violencia machista agravada

Marchas en Galicia nun 25N coa violencia machista agravada

Máis casos de violencia machista e máis violacións denunciadas na pandemia da COVID-19.  Este  25 de novembro, o día mundial para a eliminación da violencia machista hai ducias de concentracións e marchas para denuncialo.

A conselleira de Igualdaden, María Jesús Lorenzana:

En Galicia hai máis de 4.000 casos de violencia machista en seguemento policial e en toda España no que vai de ano foron 37 as mulleres asasinadas.
Cada día inícianse 17 procedementos por violencia machista. No que vai de ano, unha muller perdeu a vida en Galicia. No primeiro trimestre deste ano interpuxéronse un total de 1.434 denuncias.

Concentracións e marchas

O feminismo marchará a partir das 20 horas en Vigo, Ourense e na Coruña en tres manifestacións que partirán desde Vía Norte, a Subdelegación do Goberno e o Obelisco, respectivamente. Outras 25 localidades súmanse a estas iniciativas con outras tantas concentracións en prazas emblemáticas. A Estrada, As Pontes, Betanzos, Carballo, Carnota, Catoira, Cee, Celanova, Cervo, Chantada, Compostela, Fene, Lalín, Lugo, Melide, Muros, O Porriño, Ordes, Ourense, Pontevedra, Val Miñor, Vilaboa, Vilalba, Vila de Cruces e Vilagarcía acollerán diferentes actos reivindicativos e institucionais.

O concello de Ferrol plantará rosas en memoria das mulleres vítimas da violencia machista. Carballo manterá en sesión de tarde unha proposta lúdica dirixida ás crianzas: a carretilla violeta. Cambados promove unha charla sobre sexismo virtual entre o alumnado de secundaria. Mais tamén haberá espazo para a música, o teatro, os contacontos, a poesía, a autodefensa e as camiñadas. Así, ás 10 da mañá dará comezo a andaina popular en igualdade ‘As mulleres de Camariñas: libres e rabudas’.

A axenda deste 25-N inclúe, ademais, os chamamentos e as convocatorias das organizacións sindicais. Desde a Secretaría das Mulleres, a CIG aprema sobre a necesidade de identificar e combater a violencia contra as mulleres no traballo, «silenciada», sen apenas datos e ignorada polas institucións. Baixo o lema ‘É acoso, é violencia machista no traballo’, a CIG convoca ao mediodía concentracións na Coruña, As Pontes, Compostela, Ferrol Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribeira Vigo e Vilagarcía. UXT e CCOO demandan por xunto máis contundencia contra a violencia de xénero e poñen o foco no emprego como vía esencial de combate.

Sentada na Unviersidade de Santiago de Compostela. As organizacións estudantís URXE! e Xuntxs por Políticas da USC convocan unha sentada diante da facultade en horario de mañá e tarde ás 12 e ás 17 horas coincidindo coa denuncia dunha situación de acoso por parte dun alumno do centro que a universidade está a investigar.

Os colectivos estudantís reclaman que a USC sexa un espazo seguro onde todas e todos «poidamos gozar dunha docencia de calidade e segura», onde as persoas agresoras deixen de gozar de impunidade e onde a seguridade e comodidade de todas as alumnas estea garantida nas aulas.

Recursos

A conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou que as denuncias se están a incrementar e parece que se activan por parte das mulleres os recursos que teñen á súa disposición. Destacou que a estrutura que hai en Galicia, moi illada e con moitas aldeas no medio rural, dificulta o acceso tan directo que pode ter unha muller nunha vila máis grande ou nunha cidade.

Fixo especial fincapé en que todas as mulleres teñen que coñecer que teñen moitos recursos á súa disposición, como o teléfono 016 ou os centros de información á muller (máis de 80 en toda Galicia).

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES