lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoAlejandro Viana, o pontareán que rescatou a refuxiados republicanos

Alejandro Viana, o pontareán que rescatou a refuxiados republicanos

A historia chega en forma de libro ao municipio este sábado ás 20:30 horas na presentación da obra de Roberto Mera.

Alejandro Viana, natural de Ponteareas, foi deputado republicano de esquerdas e, despois da Guerra Civil, no exilio, dirixiu varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, nas que organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Agora, a historia de Viana chega ao municipio coa obra Alejando Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos , publicada pola editorial Belagua Ediciones. En palabras do seu autor, Roberto Mera, sobriño bisneto de Viana e concelleiro de Ponteareas trátase «das vivencias na Guerra Civil, o seu labor humanitario en Francia cos refuxiados e a organización da súa evacuación en barcos a América, as súas viscisitudes para eludir á Gestapo e á Falange trala ocupación nazi e a súa odisea de once meses polo continente africano para chegar a México».

Escoita aquí a entrevista completa:

 

 

A obra esta dispoñible nas librerías de Ponteareas e nas de toda a comundiade así como na web de Belagua Ediciones.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES