lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoO BNG de Mondariz-Balneario pide unha investigación sobre o esborralle da árbore

O BNG de Mondariz-Balneario pide unha investigación sobre o esborralle da árbore

Os nacionalistas levan ao pleno extraodinario deste xoves unha moción para crear unha comisión de investigación sobre o acontecido o pasado 3 de outubro.

 

A comezos de outubro unha árbore esborrou sobre unha muller en Mondariz-Balneario mentres se celebraba un concerto nos xardíns do Gran Hotel. A muller faleceu no acto. Ao respecto, o grupo do BNG en Mondariz-Balneario pediron un pleno extraordinario para esclarecer os feitos, que se celebrará este xoves ás 09:00 horas. Na sesión plenaria, os nacionalistas levan unha moción que propón crear unha comisión de investigación co fin de «esclarecer as causas e depurar responsabilidades » porque, segundo dixo César Gil para os informativos de Si Radio, «foi unha traxedia que se puido evitar, non celebrando ningún acto alí».

Gil apunta a que xa existía un informe pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro na que califica esa árbore como perigosa e de tipo 2 «o que significa que se tiña que actuar a curto prazo». 

Escoita aquí a entrevista completa con César Gil:

cesar gil 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES