viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 700 casos COVID e dos 50 hospitalizados

Galicia baixa dos 700 casos COVID e dos 50 hospitalizados

A incidencia da COVID-19 continúa en descenso en Galicia, que ten identificados 679 casos activos e deles unicamente 43 requiren hospitalización (12 en UCI). Por áreas sanitarias segue a ser a da Coruña a que máis ten, 171, pero continúa restando contaxios diarios.

Os casos activos seguen o seu descenso e xa están por debaixo dos 700. En total, hai 679 persoas con coronavirus en Galicia. Os contaxios aumentan (+7) con respecto ao día anterior. Foron detectados 31 casos novos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, A Coruña segue á cabeza e unicamente sobe a de Ourense, 1 caso:

Vigo: 130 (-2)

A Coruña: 171 (-8)

Pontevedra: 56 (-5)

Santiago: 79 (-6)

Ourense: 118 (+1)

Lugo: 111 (-10)

Ferrol: 14 (-6)

Nos hospitais galegos hai ingresadas 43 persoas diagnosticadas de COVID-19 12 en coidados intensivos (-1) e 31 en planta (-7).

Por outra banda, o Sergas non notificou novos falecementos por mor da covid nas últimas 24 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES