domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 150 ingresados por coronavirus

Galicia baixa dos 150 ingresados por coronavirus

Os contaxios diarios de COVID-19 baixan en Galicia. Rexistra 75 en 24 horas, a cifra máis baixa en tres meses.  A ocupación hospitalaria baixa das 150 persoas ingresadas e o total de contaxiados sitúase en 3.249 persoas.

Os casos activos seguen descendendo (-217) con respecto ao día anterior. En total, hai 3.249 persoas con coronavirus en Galicia.

Galicia rexistra 75 contaxios por covid-19, a cantidade máis baixa en tres meses.

Todas as áreas sanitarias baixan os seus contaxios e todas teñen menos de 900 casos: 

 

A Coruña: 879 (-60)

Lugo: 629 (-38)

Santiago: 560 (-40)

Vigo: 480 (-29)

Ourense: 351 (-16)

Pontevedra: 214 (-10)

Ferrol: 136 (-24)

Nos hospitais, baixan en 9 as persoas ingresadas. En total hai  hospitalizadas  37 na UCI e 112 en planta. Por outra parte, o Sergas notificou o falecementos de catro homes por mor da covid, elevando a cifra aos 2.608 decesos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES