lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoMaría Xosé Porteiro presenta "Sándalo" este venres en Ponteareas

María Xosé Porteiro presenta «Sándalo» este venres en Ponteareas

A escritora, xornalista e política María Xosé Porteiro presenta este venres día 20 ás 19:00 horas a súa obra Sándalo no museo municipal de Ponteareas.

As persoas que desexen asistir á presentación de Sándalo no museo municipal da vila do Corpus deberán inscribirse ben na biblioteca de Ponteareas ben no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no teléfono 986 66 07 65.

A autora, María Xosé Porteiro, responderá ás preguntas e firmará os exemplares da novela. Xunto a ela, estará o xornalista e críticio literario, Manrique Fernández, que fará unha pequena análise do libro e da escritora.

Entrevista completa nos informativos de Si Radio coa autora de Sándalo:

A obra pon en valor o papel fundamental da emigración galega na creación das novas nacións americanas. Mediante a vida de varias familias, a historia forma «un conxunto de historias», que segundo a autora «leva escribiendo toda a vida».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES