lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSegunda fase de mellora do cemiterio de Gándara, en Torroso

Segunda fase de mellora do cemiterio de Gándara, en Torroso

O Concello de Mos acometerá a segunda fase de mellora do Cemiterio Municipal de Gándara, na parroquia de Torroso, logo de asinar un convenio coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia da Xunta.

A administración autonómica, que xa financiara a primeira fase o pasado verán, subvenciona nun 80% esta segunda fase, cunha aportación económica de 11.650,44 euros.

A actuación proxectada para a segunda fase da mellora abrangue un conxunto de nichos con problemas de humidade e filtracións internas de auga, sendo a parte máis afectada a dos nichos en contacto co chan.

Agora actuarase nun conxunto de nichos ou panteóns diferente ao mellorado o ano pasado, polo que os traballos que se contemplan, son independentes dos xa executados o pasado verán, non gardando relación física entre eles, salvo pola natureza dos traballos e por situarse no mesmo Cemiterio Municipal.

Mediante as novas obras a acometer eliminaranse por completo as filtracións no citado conxunto de nichos, realizando labores de drenaxe consistentes na recollida e evacuación das augas pluviais que chegan ao terreo e que pola súa gravidade infíltranse nos paramentos traseiros do conxunto de panteóns, así como a auga da choiva a través da cuberta. Para elo proxéctase unha única rede que comprende os tres conxuntos funerarios construídos, e estará formada por: rede principal formada por un paquete drenante que discorrerá polas traseiras dos nichos. Conexión mediante pozos de rexistro e tubaxe de PVC dos tres tramos drenantes. Arquetas sumidoiro que recollerán as augas das cubertas dos tres conxuntos de panteóns. E impermeabilización das cubertas planas das tres edificacións.

Primeira fase

Durante a primeira fase da mellora do Cemiterio Municipal de Torroso acometeuse a impermeabilización superior de outros panteóns (cuberta) mediante a drenaxe de 3 grupos deles pola parte traseira dos mesmos. Un dos grupos de 75 metros cadrados de cuberta e os outros dous de 48 metros cadrados cada un. O orzamento investido naquela primeira fase da obra ascendeu a 25.000 euros, subvencionado íntegramente tamén pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, que en total entre as dúas fases fai un investimento de máis de 36.000 euros nestas instalacións municipais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES