domingo, abril 28, 2024
InicioComarcasO CondadoA Neves cede o uso da súa piscina olímpica ao Clube Natación...

A Neves cede o uso da súa piscina olímpica ao Clube Natación Baixo Miño

As nadadoras e os nadadores do Clube adestran na piscina olímpica das Neves ao ser a única que poden utilizar posto que as de Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz están pechadas. 

Cun acordo co concello,as nadadoras e os nadadores do Cube Baixo Miño, de Tui, adestran na piscina municipal das Neves, dende o pasado día 8 de agosto, durante unha hora diaria .

Dende as  11:30 horas e as 12:00 horas, os deportistas fan uso da piscina das Neves, de dimensións olímpicas, ao ser a única que podo utilizar logo de que as de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz permanezan pechadas este verán, segundo un comunicado do Concello, que «extremou as medidas», aseguran, porque «só se permitirá o acceso con reserva previa, o aforamento do espazo das piscinas está limitado á metade da capacidade, ata un máximo de 100 persoas e os vestiarios permanecen pechados». Amáis, lembran que é obrigatorio o emprego de máscara antiCOVID no recinto.

As instalacións estarán abertas durante todo o verán, coa previsión de pechar, se o tempo o permite, o 12 de setembro. O horario de apertura é de 15:00 horas ata as 21:00 horas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES