martes, abril 30, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño da a coñecer o cartel das Festas de San Bieito

Porriño da a coñecer o cartel das Festas de San Bieito

Serán tres xornadas de actuacións musicais, cinema, acrobacias, teatro e animación para todos os públicos

A Concellería de Festexos que dirixe Camila Moreira presentou esta mañá a programación das festas de San Bieito 2021 que este ano aínda estarán axeitadas ás circunstancias sanitarias.
Nese senso, a concelleira subliña que “aínda que imos camiño de poder realizar unhas festas coma as de antes da pandemia, polo de agora, preferimos adoptar un criterio de prudencia e organizar unhas festas de gozar desde unha cadeira, coa distancia sanitaria, coa máscara, e con hidroxel; iso si con moita variedade de espectáculos”, explicou. «Bandas de música de distintos estilos, da máis tradicional, ás propostas de acordeóns, folk, jazz, fanfarra galega feminina, ritmos, swing, regueifa,…Cinema social, acrobacias, teatro familiar, animación…»

A edil fixo especial mención de dous eventos: a Breaking Battle Porriño, que supón a estrea dunha competición/encontro de Breaking, que será nova disciplina olímpica en París 2024 e a presentación da II edición do Festival Unha Volta Polo Medio, encontro das músicas de raíz da península ibérica.

O luns 12 será festivo local.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES